Celebraron o seu Entroido os nenos e nenas de Valga

Entroido
Alba Prada
Os pequenos e pequenas da Escola Infantil de Valga disfrazados de baby shark. Foto: C.V.

VALGA. Os escolares de Valga non quedaron sen Entroido. O CEIP Baño-Xanza celebrou a Covid Festa; no CEP Xesús Ferro Couselo os tambores foron os protagonistas; o IES de Valga fixo un pasarrúas, o CRA tivo festa en cada centro, e tamén se disfrazaron na Escola Infantil. A.P.