Faleceu Manuel Míguez, párroco de Campaña durante medio século

Obituario
Suso Souto
PESAR. A morte do párroco Manuel Míguez causou un fondo pesar en Valga. Foto: C. de V.

VALGA. O falecemento de Manuel Míguez Lodeiros, cura da parroquia de Santa Cristina de Campaña, en Valga, causou este venres un fondo pesar na localidade, na que exercía dende hai máis de medio século. O alcalde, José María Bello Maneiro, transmitiu en nome de toda a Corporación o seu pesar e destaca o importante e incansable traballo do párroco polos seus fregueses. “A súa dedicación foi total e sempre se prestou a colaborar nos actos e iniciativas desenvolvidas polo Concello”, dixo. O último, o pasado día 5, con motivo da inauguración do Belén artesanal en movemento. Manuel Míguez, de 85 anos e natural de O Pino, foi destinado á parroquia de Santa Cristina en 1970, fai 51 anos. Os restos mortais do sacerdote foron velados na igrexa parroquial de Santa Cristina e recibiron cristiana sepultura na tarde deste sábado. Suso souto