O Belén artesanal de Valga causou impresión a Rueda na súa visita

Belén
S. E.
Rueda, pola esquerda, Bello e Castiñeiras na zona do Belén adicada á pandemia. Foto: C. V.

valga.. O Belén Artesanal en Movemento recibiu onte a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen afirmou marchar “impresionado” tras la visita o nacemento. Acompañado polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez, Malena Isorna e Pedro Calvo, o responsable autonómico percorreu o nacemento guiado pola presidenta da Asociación Amigos do Belén, Mari Carmen Castiñeiras. Esta foi a primeira vez que o vicepresidente, de quen agora depende Turismo de Galicia, visitaba o Belén. Ata agora só o vira en fotografías ou reportaxes televisivas e quedou abraiado polos detalles, pola similitude coa que se representa a actualidade e polo traballo que ten detrás a montaxe, que consta de 4.000 figuriñas. Dende que abriu as súas portas, o 6 de decembro, a construcción recibiu máis de 6.000 visita. s. e.