Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Belén artesanal de Valga

Valga xa inaugurou o Nadal co seu famoso Belén Artesanal en movemento, declarado de Interese Turístico de Galicia no ano 2013. Nos seus 400 metros cadrados de superficie, conta con arredor de 4.500 figuras feitas todas a man, así coma as construcións e edificios, algúns deles réplicas de infraestruturas públicas de Valga. O nacemento do neno Xesús, a escena central da montaxe, comparte espazo con outras secuencias propias da tradición de Nadal, con paisaxes e costumes galegas, con acontecementos de relevancia mundial e persoeiros dos ámbitos político, cultural e social. Este ano, a pandemia ocupa toda unha sección do Belén, onde se pode recoñecer dende a compra compulsiva de papel hixiénico nos primeiros días de confinamento ata as probas nos hospitais galegos.

Para todos aqueles que non se podan achegar a Valga aquí tedes unha selección das recreacións máis destacadas.

08 dic 2020 / 00:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.