O belén de Valga recibiu xa más de oito mil visitas

Belén
ARCA
Xente visitando o Bélen Artesanal en Movemento de Valga Foto: Sangiao

Valga. O Belén Artesanal en Movemento de Valga deixa atrás a pandemia e despois dun Nadal, o pasado, no que as restricións limitaron en gran medida as visitas, volve a rexistrar cifras similares ás anteriores á crise sanitaria. Na primeira semana de apertura, dende a inauguración do pasado día 5, máis de 8.000 persoas pasaron polo nacemento de Campaña.

Xa na propia xornada inaugural se puido percibir a expectación por ver o belén. “Foi unha das inauguracións con máis xente dende hai bastantes anos”, di a presidenta de Amigos do Belén, Mari Carmen Castiñeiras, que engade que, ata o de agora, o día de maior afluencia foi o 6 de decembro, en plena ponte da Constitución. arca