O xacemento Igrexa Vella de Valga xa conta con sinalización interpretativa

Patrimonio
ARCA
Paneis informativos que axudan ao visitante a coñecer o xacemento. Foto: C. V.

VALGA. O Concello acaba de acometer a renovación da sinalización interpretativa do xacemento arqueolóxico Igrexa Vella, situado na parroquia de Cordeiro. Un total de cinco paneis axudan ao visitante a comprender a importancia dun xacemento singular en Galicia, xa que as diferentes campañas de escavación levadas a cabo permitiron documentar unha ocupación humana que comeza no século IV d.C. e se prolonga ata o XVIII, cando se desmantela a igrexa vella para trasladala ao lugar que ocupa actualmente, reaproveitando a pedra. A sinalización inclúe planos nos que se diferencian cada unha das catro etapas de ocupación –romana, paleocristiá, medieval e moderna–; unha recreación de como sería a necrópole medieval que existiu na zona; e fotografías dalgúns dos restos arqueolóxicos atopados durante as excavacións. arca