Recuperación económica e reforzo social centran os orzamentos de Caldas

Orzamentos 2021
Sol Elvira
O alcalde Juan Manuel Rey e o concelleiro de Facenda, Jacobo Pérez. Foto: C. C.

caldas de reis.O reforzo da atención social e as políticas de recuperación económica tras a pandemia son os dous eixos principais sobre os que xiran os orzamentos que o goberno local de Caldas de Reis ultima para este 2021. Así o explicou onte o alcalde, Juan Manuel Rey, quen avanzou que o orzamento roldará os sete millóns de euros e tamén seguirá priorizando as políticas de crecemento sostible. O reforzo do gasto social por mor da pandemia reflectirase cun aumento duns 60.000 euros e co fin de avanzar na recuperación económica, resérvanse importantes partidas para a reactivación do turismo, a hostalaría e o comercio incluíndo programas de axudas directas que ascenderán a uns 100.000 euros. Ademais, as contas para este ano contemplan unha partida de 800.000 euros para completar o saneamento do municipio. sol elvira