Voltan as Olimpíadas de Aldea á praia fluvial
de Vilarello, en Valga

Deporte
ARCA
Unha das activades das Olimpiadas de Aldea

valga. As Olimpíadas da Aldea regresan á praia fluvial de Vilarello (Valga), que durante toda a xornada do 2 de xullo se convertirá nunha pista multideporte na que se disputarán simultaneamente ata cinco xogos: fútbol praia, brilé, carreiras de sacos, o cangrexo e unha xincana. A concellería de Cultura ten aberto o prazo de inscrición da actividade que forma parte da Festa da Xuventude. Os equipos deben estar formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6, todos a partir de 15 anos; serán mixtos, e contarán cun mínimo de dúas persoas de cada xénero. Ademais, terán un capitán que será o representante ante a organización e cunha vestimenta diferente. En cada xogo outorgaranse medallas douradas e prateadas, ademais de 200 e 100 euros ós primeiros e segundos, respectivamente. En total repartiranse 1.500 €. arca