Falece o condutor dun tractor tras caer por un desnivel de oito metros en Silleda

Sucesos
Manuel Lavandeira
Os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 non poideron facer nada para salvar a vida do home

Un home faleceu esta tarde despois de caer o trator con maquinaria que conducía por un desnivel de oito metros e quedar baixo unha máquina segadora. Sucedeu pasadas ás cinco da tarde na CV-082, na estrada de Piñeiro a Tira.

Ás 17.30 horas o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que atopou ao falecido debaixo do tractor envorcado. Esta información serviu para a posta en marcha do protocolo necesario para a atención e rescate do condutor, que, non obstante, xa estaba falecido. Ao lugar dos feitos trasladouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Os xestores do 112 Galicia pediron, tamén, a colaboración dos Bombeiros do Deza, que, se ben descartaron empregar os equipos de excarceración, si retiraron a máquina segadora baixo a que quedou atrapada a vítima.