Silleda acolle o peche do programa Monumenta

Xacobeo
María Rendueles
Presentación da ruta circular de Monumenta

Silleda. Máis de 400 persoas participaron no programa Monumenta, andar con arte, enmarcado na celebración do Xacobeo 21-22 e co que a Xunta ofreceu este verán rutas a pé combinadas con diversas experiencias. O último dos catorce percorridos desenvolvidos desde o 6 de agosto polas catro provincias e o Bierzo partirá hoxe do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, coa totalidade das prazas cubertas.

O itinerario que pecha hoxe a iniciativa, desde Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón, é unha ruta circular pola senda botánica do mosteiro, coa guía María Abuín, da empresa Máis que Románico, o enxeñeiro forestal e paisaxista Gaspar Fernández, e a performer e artista Masako Hattorl. m. rendueles