Silleda queda libre de covid ao mes das restriccións

COVID-19
S. E.
Manuel Cuiña alcalde de Silleda

silleda. A un mes desde que a Xunta decretase as restriccións neste municipio, Silleda non conta a día de

hoxe con ningún caso de persoas afectadas pola covid-19. “Dende o Concello queremos resaltar e agradecer o traballo e esforzo de

toda a veciñanza, que demostrou estar á altura das circunstancias en momentos difíciles”, dí o rexedor Manuel Cuiña. A boa noticia chega apenas un mes despois de que Silleda estivera sometida a restriccións pola forte incidencia da enfermidade, decisión que entrou en vigor o 16 de setembro. Tamén a pasada semana abandonaba o hospital o silledense que permaneceu varias semanas ingresado no Clínico. s. e.