Silleda reparte as axudas culturais e deportivas

Axudas
Claudina Estévez
O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña. Foto: C. Silleda

SILLEDA. O goberno municipal de Silleda vén de aprobar na última Xunta de Goberno o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal. En total outorgaranse 98.100 euros nas tres liñas de axuda, adicándose 23.000 euros para as asociacións culturais (aos que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música); 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 5.100 euros para aquelas de participación social. A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello (planta baixa) e tamén no taboleiro informativo da sede electrónica. Esta resolución, informan dende o Concello, “comunicouse tamén aos colectivos”, que disporán dun prazo de dez días (sempre contados a partir da recepción da resolución) para aceptala, explican fontes muncipais. C.E.