Arrancan as obras para humanizar a rúa Ourense no centro de Sigüeiro

Obras
Alba Prada
Un momento das obras na rúa Ourense, no casco urbano de Sigüeiro. Foto: C. Oroso

OROSO. O Concello de Oroso vén de informar do comezo das obras para renovar e humanizar a rúa Ourense, ubicada no casco urbano de Sigüeiro. Grazas a estes traballos, a rúa contará cun novo pavimento, o que permitirá mellorar a seguridade viaria. A intervención inclúe tamén a ampliación das beirarrúas para que así a zona gañe espazo para todos os peóns que transitan por a mesma. A duración aproximada da actuación será de tres meses e o investimento do goberno local rondará os 100.000 euros. Todos estos labores forman parte do plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias da vila. O obxectivo último, segundo sinala Luis Rey, concelleiro de Obras, non é outro que “dar resposta ás demandas veciñais”, subliña. A.P.