Arzúa énchese de actividades culturais todo este outono

Cultura
Alba Prada
‘A tartaruga Manola’ representarse o día 18. Foto: Malasombra

Arzúa. Arzúa aposta nos meses de outono pola programación cultural a través do progama Outono a escena, unha iniciativa que arrancou a comezos deste mes e que continuará no seguinte. Xa participaron na iniciativa a compañía asturiana Luz, micro y punto e os pequenos desfrutaron dun obradoiro de iniciación ao teatro de sombras.

As propostas continuarán este domingo, día 18, coas representacións teatrais de A tartaruga Manola a cargo da compañía A Laberca. O 28 a narración oral tomará protagonismo da man de Tarabela Creativa e a obra Costureiras; e o 31 Severino Fernández Abel presentará o libro Unha matanza esquecida.

A programación de Outono a escena continuará en novembro con monólogos e actividades dirixidas ao máis pequenos. Dende o Concello explican que en todas se porá en marcha un estrito protocolo de hixiene anti-covid. Ademais moitas delas poderanse seguir en directo a través do Facebook. A. P.