Arzúa mostra o traballo da artista María José Plata

Arte
Alba Prada
A artista M.J. Plata. Foto: C. Arzúa

ARZÚA. Dende onte e ata o vindeiro día 30 deste mes a biblioteca pública Rosalía de Castro de Arzúa acolle unha exposición composta por 17 ilustracións da artista local María José Plata. Están dirixidas a un público infantil e entre elas hai traballos que aínda non saíron á luz. A.P.