Arzúa porá punto e final hoxe ao Entroido virtual

Entroido
Alba Prada
O domingo a cativada desfrutou dunha sesión de contacontos online. Foto: C.A.

Arzúa. O Concello de Arzúa deseñou unha serie de actividades online para que a veciñanza puidese vivir un pouco o espírito entroideiro a pesar da pandemia. A derradeira terá lugar esta tarde, ás 16.00 horas, a través da conta de Facebook da concellería de Cultura municipal.

Trátase dunha regueifa que fará balance da actualidade con moito humor e retranca a cargo de Lupe Blanco e Josinho da Teixeira da Asociación Oral de Galicia.

As propostas arrancaban o pasado venres, día 12, cunha proxección do documental Entroidar. Asemade, ese mesmo día, os estudos de Radio Arzúa acollían un programa especial titulado Radio Entroido conducido por Fran Cañotas e DJ Zas con música, entrevistas, humor e participación do público. Na xornada do domingo os máis pequenos desfrutaron dun contacontos virtual baixo o título Contos entroideiros para comer orellas. A.P.