Asetem promove as compras no comercio local para o Día do Pai

Comercio local
Alba Prada
Cartel da campaña. Foto: C.M.

Melide. Aproveitando a proximidade do Día do Pai, a asociación de comerciantes de Melide Asetem ten en marcha unha campaña para promover as compras nos negocios da vila de cara a esta data. En concreto, están a impulsar e promocionar “os produtos dos nosos comerciantes, a través das redes sociais da asociación, creando un escaparate virtual dedicado aos pais para que toda a veciñanza melidense e dos concellos limítrofes consigan atopar o regalo perfecto no comercio asociado a Asetem”, explican dende a entidade.

“Agora que boa parte de Galicia e da nosa comarca recuperou a mobilidade, e os establecementos poden traballar no seu horario habitual, cremos que é imprescindible que tanto comerciantes como compradores aposten por mercar os seus agasallos para o Día do Pai no comercio de proximidade”, recalcan. Lembran que se respectan as medidas de seguridade. A.P.