Chega a Frades ‘Rilla-Rilla’, dirixido a todos os públicos

Cultura
Alba Prada
O espectáculo terá lugar o martes 30. Foto: urdime.gal

Frades. O vindeiro martes, día 30, chega a Frades, de man do Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, o espectáculo Rilla-Rilla. Trátase dunha actuación de Xarope Tulú que está dirixida a todos os públicos e trata de pór de manifesto a variedade da lingua galega.

Segundo sinalan dende o goberno local, será “un divertido concurso familiar con moito humor e sorpresas”, adiantan. A cita terá lugar no multiúsos da vila a partir das 17.30 horas. A participación é de balde pero, con ánimo de garantir a seguridade de todos os asistentes, o aforo está limitado, polo que hai que inscribirse previamente, antes do luns 29. Para poder asistir hai que chamar ao teléfono 981 695567. O municipio vai recuperando pouco a pouco a programación cultural. a.p.