Chega a Melide a proba EcoCamiño

Ruta
Claudina Estévez
Cartel do evento. Foto: C.M.

MELIDE. Chega este sábado a Melide o EcoCamiño. Trátase dunha proba deportiva, un evento de dúas distancias (110 quilómetros ou 48) que conxuga o valor patrimonial, paisaxístico e mesmo gastronómico do camiño ao seu paso por Melide e outras localidades da ruta. A saída da proba de 48 quilómetros, que une o municipio melidense con Santiago, terá lugar ás 11.00 horas do sábado no Cantón de San Roque (a de 110 km sae de Sarria). Os concellos polos que pasa a camiñada son, a parte de Melide, Santiago e Sarria; Portomarín, Palas de Rei, Arzúa e O Pino. Haberá puntos de avituallamento para repoñer forzas nos que os participantes poderán degustar dende polbo ata un caldo galego. C.E.