Cobre San Rafael apoia o deporte para a cativada

Deporte
C.G.
Pola esquerda, Agapito Castro, Pablo Núñez, Thristián Martínez, Miguel Rodeiro e Miguel Fernández. Foto: C.S.R.

O Pino. Cobre San Rafael continúa coa súa aposta polas Terras da Xente, neste caso subvencionando o I Campus do Pino para os nenos da contorna da Mina de Touro - O Pino. Este mércores tivo lugar a presentación desta escola deportiva de verán, onde estiveron presentes as directivas dos equipos locais de Touro e o Pino, o Director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael así como o club organizador, a S.D. Compostela.

O principal obxectivo de Cobre San Rafael é reactivar toda a comarca arzuá, especialmente os concellos de Touro e O Pino. É por iso que acadou un acordo coa S.D. Compostela (do que xa é patrocinador principal) para que o tradicional Campus Xacobeo estivera presente na contorna.

O patrocinio do I Campus do Pino enmárcase na proposta de responsabilidade social, Terras da Xente, que a empresa ten con Touro e O Pino, unha nova aposta polo benestar social, axuda á xuventude e o desenvolvemento sostible da comunidade. En menos de 2 días estaban cubertas tódalas prazas subvencionadas dispoñibles. C.G.