Continúa o trampeo de vespas velutinas no Pino

Velutina
Alba Prada
Unha das trampas usadas para atrapar as velutinas no Pino pola empresa Serpa. Foto: Omar Rincón-Benzala Peña

O PINO. Esta semana realizouse no Pino a terceira sesión de recollida de velutinas. En total caeron, segundo conta Pablo Iglesias, xerente de Serpa A Coruña, (empresa contratada) 291 raíñas e 98 obreiras. Cambiaron algunhas trampas de sitio e repuxeron o atraínte en todas. Este sistema de trampeo é vello, pero “o concepto de trampear en grandes superficies foi creado por nós”, di o xerente principal, José María Vázquez. “A idea xurdiu no 2016 e probouse por primeira vez en Cantabria, Valadouro e Zas”, explica. A.P.