Documentais, autocine e manifesto para celebrar o 8-M en Oroso

Hoxe presentarase no local social de maiores o libro ‘Ferreñas & Rock and Roll’
Día da Muller
Alba Prada
Un momento do filme ‘María Soliña’. Foto: V.P.

Oroso. O Concello de Oroso, a través da concellería de Ensino, Mulleres, Benestar Social e Normalización Lingüística, vén de presentar o programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. As propostas arrancarán hoxe coa presentación do libro Ferreñas & Rock and Roll no local social de maiores (ás 19.00 horas ) sito na Rúa do Campo. Xa mañá venres está previsto proxectar o documental Muller(es) muller, tamén no local social de maiores da Rúa do Campo, ás 19.00 horas.

O propio día 8 será cando teña lugar a lectura do manifesto, ás 12.00 horas, diante da casa do concello. Haberá tamén sesión de autocine o día 14 na alameda de Gois. Proxectarase o filme María Soliña ás 19.00 horas.

Non faltarán tampouco obradoiros dirixidos a concienciar na diversidade sexual e de xénero. Están programados para o alumnado de Educación Secundaria do IES de Oroso e impartiranse en horario lectivo.

Dende o goberno recalcan que as propostas están destinadas a todas as idades para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres. a.p.