Dúas alumnas de Arzúa gañan o certame de guións contra a violencia sexista

Violencia de xénero
Alba Prada
As gañadoras do premio, Ana e Andrea, coa profesora, Esperanza (centro). Foto: D.A.C.

ARZÚA. A obra Escondite inglés, das alumnas do IES de Arzúa Ana Rodríguez Suárez e Andrea Peteiro Piñeiro, é a gañadora do VII Concurso de guións contra a violencia de xénero da área de Igualdade da Deputación da Coruña. O xurado destacou do guión “unha boa estrutura técnica e unha dinámica moi traballada, que presenta a unha muller moi actual”. A profesora do IES de Arzúa Esperanza Rocamonde Iglesias foi a titora das dúas alumnas para a realización do guión que resultou gañador do certame. O premio consiste nun curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo sobre o guión gañador, proceso do que as mozas galardoadas poderán ser partícipes e protagonistas. Ademais tamén se fará entrega dun premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo; neste caso, irá parar ao IES de Arzúa. A.P.