Efa Piñeiral loita contra o sexismo poñendo en evidencia a linguaxe

Igualdade
Alba Prada
Alumnos do Efa dos ciclos medios e superiores nunha tertulia técnica recente. Foto: E.P.

arzúa. O centro de formación Efa Piñeiral, de Arzúa, está a facer un ano máis actividades para loitar contra a violencia de xénero. Este ano o alumnado traballa na iniciativa Lingua Denuncia que está enmarcada dentro do programa Máis informada, menos vítima, promovidO polo GDR Ulla Tambre Mandeo. A proposta céntrase no aspecto lingüístico, detectando e evidenciando frases, ditos ou expresións en lingua galega que atentan, fomentan e resultan violentas en materiade xénero. Froito do traballo e recompilación do alumnado, confeccionouse unha listaxe con preto dun cento de propostas, e de entre todas elas, seleccionáronse once que que se verán materializadas nunha camiseta deseñada na Efa Piñeiral. Participaron na elección a escritora Arantza Portabales, a concelleira Aurora Varela e persoal técnico do GDR. a.p.