Finalizan os traballos do Cantón de San Roque de Melide tras as peticións

Obras
Alba Prada
Un momento das obras no Cantón de San Roque. Foto: C. Melide

MELIDE. A empresa contratista da obra do Cantón de San Roque vén de arranxar os danos existentes en lousas de pedra, suxeicións de bancos e outras anomalías que se detectaron no Cantón e “que supoñían un perigo no uso das instalacións”, recalcan dende o goberno local. Hai que lembrar que estas obras se finalizan despois de que Concello fixese varias reclamacións á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda “ao estar os danos existentes en período de garantía de reparación”, engaden fontes municipais. “Os danos, acaecidos ás poucas semanas de finalizar a obra, foron reparados sen custo algún para as arcas municipais, ao estar os traballos en garantía, tal como defendeu desde o primeiro momento o actual equipo de goberno”, sentencian. Segundo explica o Concello melidense levaban ano e medio reclamando. A. P.