Frades anuncia os gañadores do seu Entroido en liña

Entroido
Alba Prada
Popeye o mariño son, gañadores da categoría grupal. Foto: C.F.

FRADES. Ante a imposibilidade de celebrar un Entroido presencial, o Concello de Frades puxo en marcha a proposta Entroido na casiña. Tratouse dun certame de disfraces que se realizou a través de fotografías que se subiron ás redes sociais, e do que xa se coñecen os gañadores e gañadoras. Na categoría grupal o mellor foi Popeye o mariño son, seguido de Los Martínez, A vacina fradense e Todo vai saír ben. Na infantil individual o primeiro galardón levouno Un galego na lúa, e o segundo A Martirio de #Frades. Na sección adulto individual o mellor disfrace foi O que nos devolve o mar, e o segundo galardón quedou deserto polo que se creou un cuarto na categoría familiar. A.P.