Frades aprobou o PEL-Reactiva por 33.000 euros

PEL-Reactiva
Alba Prada
O 37% das axudas destinaranse a cafeterías e locais de restauración. Foto: Pexels

FRADES. O Concello de Frades aprobou a resolución definitiva da concesión de axudas do PEL-Reactiva cun importe total de 33.000 euros, dos que se beneficiarán 19 microempresas e persoas autónomas do municipio. Case o 37 % das axudas concedidas corresponden a cafeterías e establecementos de restauración, un 21 % a salóns de peiteado e beleza e o 42 % restante a outros servizos, como saúde, téxtil, ocio e pequeno comercio. O rexedor de dito municipio, Roberto Rey Martínez, agarda que estas achegas sirvan “para minorar os danos derivados da pandemia da COVID e que contribúan no posible a impulsar a actividade económica e o emprego no noso concello”. A. P.