Inchables e merenda na piscina de Tordoia o 28

Piscina
Alba Prada
Imaxe da piscina de Tordoia, renovada recentemente. Foto: C. Tordoia

TORDOIA. O vindeiro día 28 os máis pequenos de Tordoia poderán desfrutar, totalmente de balde, do Día da Auga. Unha xornada que terá lugar nas piscinas municipais e na que ademais de desfrutar dos inchables acuáticos poderán degustar unha merenda e xeado. O aforo, segundo apuntan funtos municipais, será limitado a cen persoas polo que para asistir hai que inscribirse chamando ao teléfono 981 683006 en horario de 9.00 a 14.00 horas. Terán preferencia os nenos e nenas empadroados na vila. Dende o goberno local recordan que a cativada de ata catro anos divertirase nos exteriores da piscina, mentres que a rapazada de entre 4 e 16 anos, farao no interior das instalacións. Lembran asemade que ese día o recinto permanecerá pechado ao público, xa que só poderán acceder ás instalacións as persoas inscritas na actividade. Para vixiar a rapazada e os xogos, e para manter as medidas de seguridade haberá monitores e monitoras. A.P.