Limpan un treito do río Samo ó seu paso por Oroso

Limpeza de ríos
Alba Prada
Imaxe dos labores de limpeza no río Samo. Foto: Xunta

Oroso. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Samo, ao seu paso polo municipio de Oroso. Os traballos estanse desenvolvendo concretamente no seu percorrido polo lugar de Arderís, na parroquia de Senra.

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle.

Unha vez finalizadas estas actuacións, segundo sinalan dende a Xunta, o río quedará totalmente despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

O Goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección. A. P.