Máis de 180 empresas melidenses solicitaron adherirse ó Pel Reactiva

A achega total dirixida a microempresas e autónomos da vila ascende a 219.609 €
Economía
Alba Prada
Presentación da mostra ‘Nós tamén fomos emigrantes’

Melide. Un total de 183 solicitudes son as que terá que xestionar a concellería de Promoción Económica do Concello de Melide para repartir os fondos destinados a autónomos e microempresas da vila, dentro do programa de axudas para a reactivación económica Pel Reactiva.

A finalidade destas axudas é impulsar a actividade económica e o emprego no Concello de Melide, así como contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da COVID nas microempresas e autónomos e autónomas locais. A achega total destinada aos mesmos ascende a 219.609 €, dos cales o Concello de Melide aporta 43.921 euros (o vinte por cento do total de fondos).

EXPOSICIÓN. Por certo que o Concello de Melide, Abanca e Afundación veñen de presentar a exposición Nós tamén fomos emigrantes no centro sociocultural Mingos de Pita. Permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 18 de decembro, en horario de luns a venres de 17.00 a 20.30 horas. A mostra está composta por 40 fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia Efe. O obxectivo é tratar de achegar a realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional dos fotoxornalistas da época. A. P.