Medio cento de nenos nos campamentos de Frades

Campamentos
Alba Prada
Realízanse actividades deportivas ao aire libre. Foto: C.F.

FRADES. Xa arrancaron os campamentos municipais do Concello de Frades. Son preto de 50 nenos e nenas de máis de catro anos os que están a desfrutar das actividades deste característico evento do período estival. Non hai tempo de aburrirse: xogos, obradoiros, experimentos coa ciencia, masterchef, xardinería, sendeirismo, piscina, festa da auga, actividades deportivas ou contacontos, son algunhas das actividades que o conforman. Este programa de conciliación realízase no CPI de Ponte Carreira e nas instalacións municipais. A.P.