Melide continúa aderezando as fins de semana con obras teatrais

Teatro
Alba Prada
Un momento da comedia. Foto: De Ste Xeito

Melide. Este domingo, día 18, os melidenses teñen unha cita no centro sociocultural Mingos de Pita, ás 19.00 horas. Stephy Llaryora e Sergio Macías visitarán o municipio para representar a comedia Running, unha obra da produtora De Ste Xeito, que está dirixida por Esther F. Carrodeguas.

O espectáculo relata a historia de Xulia e Román, que acaban de coñecerse. Cando deciden quedar aparecen os problemas: os fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co pavo, o pequeno coa crise dos 8, os grandes coa dos 40, clases de ioga para liberar o estrés, e ser taxista, das fillas, dos fillos... É dicir, un sinfín de responsabilidades que lles deixan moi pouco tempo para coidar deles mesmos. A entrada é de balde e hai que reservar previamente en reservasculturais@concellodemelide.gal ou no 981505003, EXT 2122, de luns a venres. A.P.