Melide devolve a Agader a axuda do recinto feiral

Agader
Alba Prada
Casa consistorial de Melide. Foto: W.

Melide. O Concello de Melide acordou na Xunta de Goberno Local a devolución de 154.131,18 € logo de que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural solicitase o reintegro da subvención ao non

presentar o Concello, antes do 15 de febreiro do 2018, a documentación xustificativa

esixida. O convenio asinado o 22 de setembro de 2017 entre Agader e o Concello regulaba as condicións para a concesión directa dunha subvención por valor de 192.663,98 € para a execución de melloras e a rehabilitación da cuberta da nave do recinto feiral de gando. O goberno local “lamenta” ter que devolver a subvención recibida. A.P.