Melide e O Pino enfróntanse con trampas caseiras á vespa velutina

Velutina
Alba Prada
Imaxe da vespa velutina. Foto: fapas.es

Melide/O Pino. Son moitos os municipios que están a promover campañas anti-velutina. É o caso do Concello do Pino, que repartiu entre a veciñanza un milleiro de trampas para cazar dita especie invasora. Mesmo se impartiu unha charla para ensinarlle aos veciños e veciñas como son e como funcionan.

No caso do Concello de Melide están a empregar as redes sociais municipais para lembrarlle á xente que a primavera é o mellor momento para facer as capturas. De feito, explican de forma ilustrativa como elaborar a trampa na casa empregando unha botella de plástico. Unha das receitas para crear o atraínte é a base dun litro de zume de arándanos, 350 gramos de azucre e un pouco de lévedo. A segunda receita está composta por 0,5 litros de auga, 200 gramos de azucre e un pouco de lévedo. “Cantas máis se capturen, menos niños se forman”, lembra o goberno local á veciñanza. A. P.