Melide renovou a escola infantil

Escolas infantís
Alba Prada
Imaxe da fachada da renovada escola infantil. Foto: C. Melide

MELIDE. A escola infantil municipal de Melide loce xa unha fachada renovada grazas aos traballos de substitución da carpintaría de aluminio. Uns labores cos que se persegue un maior aforro enerxético. O custo da actuación foi de 35.000 euros e foron asumidos na súa totalidade polo goberno local. A.P.