Melide repara o vial do Señorito, en A Madanela

Obras
Alba Prada
Resultado dos traballos de reparación no camiño. Foto: C. M

MELIDE. O Concello de Melide vén de realizar traballos de limpeza, apertura de cunetas e pavimentación da pista no camiño do Señorito, en A Madanela. Os labores supuxeron un investimento de 17.524 euros. Proximamente repararase o treito que quedou pendente. A.P.