Melide usará unha App para xestionar o uso das instalacións deportivas

Instalacións deportivas
Claudina Estévez
Estase a habilitar a App Sporttia. Foto: C. Melide

MELIDE. O Concello de Melide está levando a cabo un proceso de modernización da xestión deportiva que afectará tanto ao uso das instalacións como a xestión dos eventos que se organicen. O primeiro paso é habilitar unha aplicación móbil, APP Sporttia, dispoñible tanto en Android como en IOS, que facilitará os trámites que se realicen por parte dos usuarios. Poderase consultar a dispoñibilidade das instalacións, facer reservas, inscribirse a eventos ou consultar actividades deportivas. O edil de Deportes, José Antonio Prado, explica que “pretendemos facilitar e promover a práctica deportiva en todas as idades como unha activade esencial, a modernización era un paso pendiente e obrigatorio que debíamos acometer”, indica. Tamén se están automatizando as pistas de pádel cubertas para facilitar o sistema de reserva. C.E.