Melide xa ten os gañadores do certame pola Igualdade

Relato Curto
Alba Prada
Tamén se concedeu un accésit a partes dos tres premios. Foto: Pexels

Melide. O Concello de Melide deu a coñecer as obras e autoras vencedoras do I Premio de relato Curto en prol da Igualdade. Logo da análise das 28 obras presentadas, o xurado, por unanimidade, e segundo as bases que rexeron dito premio literario, concedeu o primeiro galardón (cunha contía económica de 350 euros), ao relato curto Medrar sen présa, de Raquel Fernández Fernández, de Pontevedra.

O segundo premio, cunha contía económica de 200 €, foi para o relato Flor en cativerio, de Rocío Leira Castro, de Cee. O terceiro (150 €) recaeu en Alejandra Barco Tojo de Boimorto por Lembranzas dun cabelo crespo. Houbo accésit para Das nosas, de Alba Sánchez Ares, Santiago. a.p.