Melloras na seguridade vial en Arzúa e Boimorto

seguridade viaria
Alba Prada
A actuación contou cun investimento autonómico de case 48.000 euros. Foto: Xunta

Arzúa. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia rematou os traballos de acondicionamento e mellora da seguridade viaria das estradas AC-234 e AC-905, ao seu paso polos concellos de Arzúa e Boimorto. Esta actuación contou cun investimento autonómico de case 48.000 euros e a mencionada intervención centrouse en mellorar a seguridade vial das beiravías da estrada AC-234, entre os puntos quilométricos 4+000 e 10+750.

O proxecto tamén incluíu a rehabilitación do firme nesta estrada e na AC-905, naquelas zonas onde a capa de rodadura se atopaba máis deteriorada. Todas estas obras leváronse a cabo en terreos de dominio público da estrada, polo que non foron necesarias as expropiacións.

Ata o lugar acudiu o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen comprobou de primeira man o resultado dos traballos. Destacou que esta actuación se inclúe dentro dos plans de mantemento e conservación das estradas de titularidade autonómica coa finalidade de mellorar “a seguridade dos usuarios”, algo que vén realizando a Xunta de Galicia “de forma permanente”. A. P.