O obradoiro de emprego acondiciona Brandelos

Obradoiro de emprego
Alba Prada
Dúas alumnas do obradoiro na área de Brandelos. Foto: C.T.

TOURO. Os vinte alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra 2020-2021, impulsado pola Xunta, estiveron nos últimos días facendo traballos de acondicionamento e mantemento do espazo natural de Brandelos, unha área recreativa ubicada na parroquia de Prevediños, en Touro. Os labores consistiron no desbroce de maleza, na poda de árbores, na limpeza da marxe do río Brandelos, retirada de malas herbas da cauce do mesmo, recollida de follas e limpeza de fontes e outras estruturas. a.p.