O Pino tamén desfrutará dun día moi astronómico

Astronomía
C.G.
Os participantes verán en detalle a lúa. Foto: Pexels

O PINO. O programa Camiños de Estrelas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) chega ata O Pino. O próximo venres 27 o Concello informa de que varios expertos “axudarannos a identificar galaxias a simple vista. Despois, poderemos ver en detalle a lúa, os planetas Xúpiter e Saturno ou estrelas dobres coa axuda de telescopios portátiles”. Como curiosidade, dende o goberno local explican que nos amenceres de verán a posición da galaxia é leste-oeste e marca o sentido cara ao sepulcro do Apóstolo. “Vía Láctea e Camiño de Santiago gardan unha estreita relación da que poderemos aprender moito máis o venres”, indican. A cita está prevista para as 21.30 horas na Praza do Concello. Para anotarse hai que chamar ao 981 511065 ou ben enviar un correo ao enderezo informacion.xuvenil@opino.gal. A actividade é de balde. O programa, que conta coa colaboración do Concello, está a recorrer varios municipios da comarca compostelá. C.G.