Os tordoienses están aínda a tempo de pedir os seus composteiros

compostaxe
Alba Prada
O alcalde de Tordoia entregando un composteiro en outubro do ano pasado. Foto: C.T.

TORDOIA. O Concello de Tordoia busca concienciar no coidado medioambiental á veciñanza, e é por iso que se fixeron con novos composteiros para repartilos entre as familias interesadas. O pasado 28 de decembro organizouse unha charla cunha técnico da materia que tivo gran éxito. “Á primeira quenda acudiron unha trintena de persoas e a segunda un pouco máis de vinte”, sinala o alcalde, Antonio Pereiro. Agora teñen previsto facer outra este mes. Dende o goberno local animan a porse en contacto co Concello para recibir o seu composteiro, posto que aínda quedan preto dunha tritena por asignar. Van acompañados dun aireador para remexer e cun guía. Asemade un técnico fará un seguimento continuo. Por certo que na web tordoiaverde.es pódese acceder a contido sobre esta práctica e materia medioambiental en xeral. A.P.