Recolleu xa 700 firmas o pai que loita pola custodia

Manifestación
Alba Prada
Os avós paternos xunto ao pai das menores. Foto: C.V.

Melide. O pai de Melide que emprendeu unha protesta pacífica cada día diante do Xulgado de Arzúa para loitar pola custodia compartida que lle foi concedida en decembro do ano pasado, leva xa recollidas 700 sinaturas de apoio entre veciños de Arzúa, Melide e arredores. O vindeiro luns, día 11, terá lugar a concentración multitudinaria diante do Xulgado arzuán e a entrega das firmas no mesmo e noutros organismos xudiciais.

Segundo indica o pai afectado, Carlos Varela, a manifestación xa foi comunicada a Subdelegación do Goberno e obtivo o visto bo. Agora animan a quen o desexe a unirse o luns. A. PRADA