Respaldo do Goberno galego para eliminar en Sigüeiro o tráfico pesado

Circunvalación
Alba Prada
O rexedor orosán, Manuel Mirás, e o delegado do Goberno, Javier Losada. Foto: Xunta

Oroso. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apoia a aposta do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, de eliminar o tráfico pesado de Sigüeiro. Así o fixo saber durante unha reunión co rexedor, celebrada na sede da Delegación. O alcalde agradeceu “a receptividade” de Losada e explicoulle que a nova circunvalación de Sigüeiro conseguirá “eliminar a circulación de vehículos pesados e humanizar o centro urbano do municipio”. O delegado analizou esta proposta, que xa está en mans do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e confía en que “os próximos Orzamentos Xerais do Estado inclúan unha partida para a mesma”. A circunvalación, de 2.242 metros, terá conexión directa coa rotonda de saída da AP-9, e coa estrada que vai cara ao aeroporto. Isto repercutirá nunha “mellor vida para os veciños e veciñas”. A.P.