Tordoia estrea o seu primeiro parque cuberto

Parques infantís
Alba Prada
Imaxe do parque infantil cuberto de Tordoia, que se suma aos outros dous da vila. Foto: C.T.

TORDOIA. Tal e como tiña previsto o Concello, hoxe queda inagurado o primeiro parque infantil cuberto de Tordoia. Está ubicado xunto ao PAI, o ximnasio municipal Martín Liste e o futuro centro socio ambiental. A idea é que os nenos tamén xoguen con choiva. A.P.