Tordoia mantén este mes a súa campaña comercial

Comercio local
Alba Prada
O sorteo de tres vales de 100 euros cada un será en febreiro. Foto: Pexels

Tordoia. A finais de novembro, o Concello de Tordoia poñía en marcha a campaña Xuntos somos máis no comercio local, aproveitando a proximidade das festas de Nadal. A iniciativa, que en verbas do rexedor “está a ter moi boa acollida”, aínda se manterá ata o día 30 deste mes.

Todos os veciños e veciñas que realicen as súas compras nos establecementos participantes recibirán un selo ao facer un gasto mínimo de dez euros. Cando se cubran seis selos (poden obterse todos no mesmo negocio) o consumidor completará un cartón, que deberá depositar cos datos persoais nunha das urnas (distribuídas por todos os locais participantes).

No mes de febreiro realizarase o sorteo entre os consumidores de tres vales de cen euros cada un para gastar en calquera dos establecementos adheridos. O obxectivo desta iniciativa non é outro que apoiar ao pequeno comercio, un dos sectores máis afectados, xunto ca hostalería, pola pandemia. Son un total de 34 os negocios da vila, incluídos os supermercados, os que participan nesta campaña de apoio. A.P.