Trazo propón este verán actividades gratis para todos

Verán
Alba Prada
Frozen II poderá verse o 9 de xullo no CPI Viaño Pequeno. Foto: espinof.com

TRAZO. Achégase o verán e o Concello de Trazo, coa colaboración da Deputación da Coruña, xa ten previstos unha serie de eventos de balde para o desfrute de toda a familia. Cada proposta irase adaptando á normativa sanitaria vixente. O 9 de xullo está prevista unha sesión de cine no CPI Viaño Pequeno co visionado de Frozen II. O 17 celebrarase o Día do Neno na piscina municipal, o 23 actuará Muu con Crunch! na área recreativa de Chaián, e o 30 será o turno do Mago Romarís (na piscina). Xa en agosto estará o 6 Xampatito Pato na área recreativa de Chaián; o 13 toca cine en Viaño Pequeno e o 20 ameniza a xornada A Gramola Gominola. Hai que anotarse no 981 689001. a.p.