Vidal celebra a fin dos asolagamentos en Merelle grazas ás obras estatais

A moción do BNG caía hai un ano, pero agora actuou a Demarcación de Carreteras en Ordes
Inundaciones
C.G.
Pablo Vidal, primeiro pola esquerda, visitou a obra cos outros edís do BNG, Gonzalo Veiras e María Xesús Regueiro. Foto: BNG

Ordes. O grupo municipal do BNG de Ordes amosa a súa satisfacción polas actuacións efectuadas para a mellora da recollida de pluviais na estrada N-550 ao seu paso por Merelle. Hai que lembrar que os frentistas recolleron sinaturas en xaneiro de 2020 polos asolagamentos na zona.

Estes embalsamentos viñeron ao seu xuizo propiciados pola “ineficacia das conducións de pluviais que supoñían problemas para a seguridade viaria e mesmo chegaron a provocar inundacións no interior das vivendas próximas á estrada”.

Logo de ter efectuadas as obras, a Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia vén de comunicar ao BNG de Ordes que os traballos requiridos veñen de ser realizados. E o portavoz nacionalista local, Pablo Vidal, agradeceu á veciñanza de Merelle “o seu apoio na recollida de sinaturas efectuada, que contribuíu a que hoxe esta mellora fose unha realidade”.

Vidal alédase de que as obras fosen acometidas “apesares do voto en contra do alcalde cando presentamos unha moción ao respecto no pleno de xaneiro do ano 2020” e agarda que “a actuación consiga que a veciñanza poida descansar tranquila e sen medo” ás inundacións. c.g.