Os pobres e os ricos fronte a Covid-19

Coronavirus
Salvador Soutullo Carolo

Dicia un irman de meu pai: “Que triste seria se só morreramos os pobres”. Iso quereria dicer que a vida pagariase con cartos.

Non é asi, todos morremos, uns denantes e outros despois, pero todos morremos; sexamos da clase social que sexamos.

A enfermidade tamén nos chega a todos, pero non é o mesmo ter unha enfermidade con recursos economicos que sen eles.

Non é o mesmo viver nun piso de corenta metros cadrados con ventás cara un patio de luces, que viver nun de cento corenta con claridade solar; ou viver nunha casa do rural de dous centos metros cadrados edificados e cun xardin onde poidamos ter a nosa horta, as nosas arbores e demais.

O sistema sanitario no Estado español non é dos piores que existen no mundo desenvolvido, ainda que a Covid-19 demostrou que ten que ser mellorado. Que teñen que facerse investimentos en investigacións e moitas outras cousas.

Pero non todo na enfermidade é o sistema público de saúde. Os enfermos tamén teñen que comer, que vestirse, que ter unha boa hixiene persoal, que pagar o alugueiro da vivenda, a hipoteca, o IBI; ter unha forma de poder desprazarse para ir os medicos...

A enfermidade é unha etapa mais da nosa vida que tamén esta supeditada as desigualdades que temos entre as clases sociais; os de abaixo e os denrriba.

A Covid-19 é tamén unha enfermidade, e como todas elas, afecta os enfermos ter ou non ter recursos economicos, viver na pobreza ou viver na opulencia.

Moito me temo que cando consigamos ter unha vacina para o coronavirus os primeiros en dispor dela van ser persoas con recursos economicos que vaian a un laboratorio privado e paguen por ela.

Logo, mais tarde, sera distribuida a todas as persoas que o precisen na sanidade pública dos Estados de benestar. E os que viven en Estados pobres, con grandes masas sen recursos e cun moi deficiente sistema de saúde pública o pasaran moito pior.

Vivimos nun mundo onde, por desgraza, ainda hai moitas cousas que se pagan con cartos. E penso eu, que teriamos que viver nun mundo mais igualitario, tanto entre clases sociais como entre territorios.