A Xunta alivia as restricións e dálle osíxeno á hostalaría

COVID
Olga Vilar
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/04/2021.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa deste mércores en Santiago. EFE/Lavandeira jr

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece a partir das 13.30 horas para detallar os acordos do último comité clínico. Coa vista posta nunha posible relaxación das restricións vixentes en Galicia, os expertos acordaron onte manter o nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, determinaron o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 16 de abril.